Calendario de sementeira de hortalizas e verduras 2025 en Galicia: que sementar cada mes

Se tes unha horta ou queres empezar a montala para este 2025, debes ter moi claro o calendario para sementar e así cultivar as túas verduras e hortalizas segundo o clima e as necesidades do territorio galego.

Se tes unha horta ou queres empezar a montala para este 2025, debes ter moi claro o calendario para sementar e así cultivar as túas verduras e hortalizas segundo o clima e as necesidades do territorio galego.

Que debes ter en conta á hora de sementar hortalizas e verduras

Para conseguir unha boa produción na nosa horta e librarnos ao máximo de pragas e enfermidades que boten por terra -nunca mellor dito- a nosa horta, debemos ter en conta algúns consellos que che contamos a continuación.

Planifica a túa horta

É fundamental que antes de empezar a comprar e plantar, decidas a cantidade de verdura e hortalizas que vas plantar e que espazo queres que ocupe cada unha delas. Para elo debes ter en conta as características da túa horta: en que partes dá máis o sol e a luz natural, que partes son máis sombrías, en que zonas poden atacar máis as xeadas, a choiva, o vento… En función disto decidirás onde colocar ou non certos produtos. Por exemplo, o tomate é unha planta delicada, co que hai que ter coidado co rego, así que será unha boa opción apartalo de onde poida acumularse a auga. Ten en conta todo isto e debuxa a túa horta antes de comezar! Por certo, non esquezas darlle o espazo suficiente aos teus cultivos. Si, sabemos que a horta ten unhas dimensións limitadas e que nos gusta plantar de todo pero… Se as hortalizas e verduras non teñen o suficiente espazo entre elas non poderán adquirir os nutrientes que precisan, competirán entre eles e… Quedarémonos sen colleita, resumindo. Unha forma de evitar isto é ter en conta, xa na planificación, a necesidade de asociar cultivos. Trátase de colocar cerca plantas que se complementen e se axuden a medrar entre si, para evitar que compitan.

Distancia á que plantar e asociacións de cultivos

Planta Separación de filas en cm Separación entre plantas en cm Combínao con Non o combines con
Coliflor 40 40-50 Fabas, guisantes, brócoli, leitugas, apios, tomates, patacas Allo, cebolas, fresas
Brócoli 40 50 Coliflor, guisantes, leitugas, apios, tomates, patacas Allo, cebolas, fresas
Fabas 60 5-10 Brócoli, coliflor, alcachofa, leituga, pataca Allo, guisantes, cebola, xudías y porro
Leituga riza 30 15-20 Cebola, remolacha, cenoura, col, pepino, fabas, fresas, nabos, cebola, porro, guisantes, rábanos Escarola, perixel
Acelga vermella 20 30 Rábanos, cenoura, col, apio, leituga, cebola Espinacas, remolacha
Cenoura 20 3-6 Cebolas, porro, rábanos, guisantes Remolacha, patacas novas, apio, fiúncho, perixel
Porro 30 15 Cenouras, espárragos, apios, fiúnchos, fresas, leituga, cebola, tomate Allo, cebolas, guisantes, fabas, xudías, remolacha
Rábano 20 10-15 Espárrago, cenoura, apio, fiúncho, fresa, leituga, cebola, tomate Col, coliflor, colinabo, pepino, rúcula
Repolo 50 50 Apio, pepinos, cenoura, pataca Cebola, allo, colinabo, fresas, patacas, rabaniños, rúcula
Tomate 60 50 Allo, espárrago, albahaca, cenoura, apio, millo, cebola, perixel, pemento, porro y rábano Patacas, guisantes, patata, fiúncho, pepino
Cebola 25 10 Remolacha, cenoura, pepino, fresa, leituga, perixel, tomate Guisantes, brassica, allos, brócoli, col, coliflor, fabas, xudías, porro, repolo

Ten a man as ferramentas necesarias

  1. Motoazada
  2. Angazos
  3. Pala
  4. Sacho combinado
  5. Plantadores de diferentes tamaños
  6. Abono orgánico
  7. Ferramentas de rego (pistola de rego, mangueiras…)
  8. Manta antiherbas
  9. Carreta
  10. Esporta para desperdicios
  11. Guantes

Sistema de rego e drenaxe

Unha vez temos planificada a localización e distribución da horta, é importante decidir como imos conseguir un bo sistema de drenaxe. Se tes un desaugue, intenta canalizar a auga que sobra cara el.
As cantidades de auga que necesitarás dependerá dos cultivos que sementes e do tempo. Un truco para non regar con tanta frecuencia é o aireado da horta, porque inflúe na estrutura do solo e así evapórase menos auga. Recorda que moito rego non necesariamente implica mellor colleita. É mellor que regues de forma xenerosa pero en menos tomas, pero se te pasas regando tamén expós ás plantas a sufrir enfermidades. Para evitar isto podes ter en conta as necesidades de rego de cada planta, e xuntar aquelas que teñan regos similares. Así, ademais de coidar a túa horta de forma eficiente, tamén conseguirás aforrar tempo. Todo vantaxes! Un conselliño de Agrogargallo: acostúmate a regar cara o anoitecer, porque así evitarás que a auga se evapore co sol. A día de hoxe existen multitude de sistemas de rego (por goteo, por sudoración…). Debes escoller o que mellor se adapta ás necesidades da túa horta.

Limpa e prepara o solo

Elimina as malas herbas e as pedras máis grandes para poder empezar a cultivar. Se a terra é demasiado dura ou está moi compacta, o ideal é que a removas, cunha motoazada ou un arado, por exemplo. Unha vez feito isto, volve aplanar o terreo e estra un bo abono orgánico para enriquecer a terra e que aporte mellores nutrientes ás túas hortalizas e verduras.

Calendario para sementar hortalizas e verduras na horta. Cando se colleita cada unha?

Planta Sementeira Trasplante Recolección
Acelga amarela e verde Marzo-Outubro Aos 30 días Aos 120 días
Allo Outubro-Xaneiro Non se trasplanta Aos 6-7 meses
Alcachofa Abril-Xuño Xulio-Agosto Entre os 90 y 200 días despois do trasplante
Apio Marzo-Xuño Aos 60 días Aos 5-6 meses do trasplante
Berenxena Febreiro-Marzo Abril-Maio Aos 5-6 meses
Calabacín, calabaza Marzo-Abril Abril-Xuño Aos 5.6 meses
Brócoli Agosto Outubro-Novembro (en Galicia dáse ben casi todo o ano) Aos 5-6 meses
Coliflor Xulio-Setembro Agosto-Outubro (en Galicia dase ben case todo o ano) Aos 6-7 meses
Cebola temperá Agosto-Outubro Xaneiro-Febreiro Maio-Xulio
Cebola tardía Decembro-Marzo Abril-Maio Setembro-Outubro
Col Abril-Novembro Aos 30-60 días (no invernadeiro todo o ano) Aos 5-7 meses
Escarola Agosto-Outubro Novembro-Decembro Ata 90 días
Espinaca Agosto-Febreiro Aos 30 días Aos 90 días
Cenoura Marzo-Outubro Maio-Xuño Aos 120 días
Tomate Febreiro-Maio Marzo-Xuño Aos 150 días
Sandía Abril-Xuño Maio-Xulio Aos 120 días
Remolacha Marzo-Xuño Maio-Xulio Aos 4-5 meses
Rábano Todo o ano Maio-Xulio 1 mes
Fresa Abril-Maio Agosto-Novembro 1 ano
Porro Febreiro-Xulio Abril-Setembro Aos 5-7 meses
Guisante Setembro-Febreiro Maio-Xunio Aos 120 días
Pemento Febreiro-Abril Marzo-Xulio Aos 150 días
Pepino Marzo-Xuño Maio-Xulio Aos 3-4 meses
Faba Setembro-Febreiro Maio-Xulio Aos 44-6 meses
Xudía Abril-Xulio Maio-Xulio Aos 3 meses
Pataca Febreiro-Maio Non se trasplanta Xuño-Setembro
Nabos/grelos Marzo-Outubro Non se trasplanta Aos 40-120 días, depende da variedade
Melón Abril-Maio Maio-Xulio Aos 4 meses
Leituga Depende da variedade, pode sementarse todo o ano Depende da variedade, pode sementarse todo o ano Aos 2-3 meses

Calendario lunar: que sementar en cada fase lunar.

Á hora de sementar, trasplantar e colleitar é interesante ter en conta as fases da lúa. Son moitas as persoas que afirman a diferencia entre ter en conta o calendario lunar na túa horta e non. Fálase de que a lúa afecta a aspectos que teñen que ver coa terra, as mareas ou o comportamento das plantas, aínda que seguimos sen coñecer unha posición clara a nivel científico. Aínda así, queremos deixarche información para que poidas ter en conta o calendario lunar e así previr o éxito da túa horta. O primeiro que debes saber, é que se diferencian varias categorías en función de que parte do vexetal destinamos ao consumo:

  • Froito: neste caso refírese ás plantas das cales consumimos o froito, como o tomate, o pemento, o calabacín, o pepino, o melón…
  • Folla: as plantas das que comemos as follas, como as leitugas, as coles, os grelos, as espinacas…
  • Raíz: exacto! Neste caso comemos as raíces do vexetal que plantamos, como a cenoura, a cebola, o allo…
  • Flor: aquí o que comemos é a flor, como no caso do brócoli, a coliflor…

Lúa chea

Nesta fase lunar o noso planeta está situado entre o Sol e a Lúa, o que permite que vexamos unha das caras da lúa iluminada ao completo, formando un círculo. Grazas a esta fase lunar, a salvia móvese cara a parte superior da planta, acumulándose en tallos e follas, facendo que as follas se desenvolvan máis pronto e as raíces máis lentamente. Debido a isto, a lúa chea é o momento propicio para sementar hortalizas e verduras como as leitugas ou as espinacas. É dicir, plantas das que consumimos as follas.

Lúa minguante ou cuarto minguante

Neste caso, a superficie da Lúa que é visible dende a Terra vaise reducindo e podemos apreciala en forma de semicírculo, que vai descendendo. En cuarto minguante é ideal sementar hortalizas de raíz, como a cenoura, xa que a salvia empeza a dirixirse cara abaixo e acumularse na raíz.

Lúa crecente ou cuarto crecente

Cuarto crecente é a fase lunar que se caracteriza polo incremento da superficie da Lúa que podemos ver dende o noso planeta. A súa forma aseméllase á dunha D. Este é o momento no que a salvia comeza a subir pola planta e se concentra en tallos e ramas, por iso é ideal para sementar hortalizas e verduras das que aproveitamos o froito (pemento, tomate, xudías…).

Lúa nova

Nesta fase lunar, non se reflexa a luz e, polo tanto, non é visible dende a Terra porque se encontra situada entre a Terra e o Sol. Nesta fase lunar é onde se soe facer o mantemento do cultivo, xa que non se recomenda sementar nin colleitar porque a salvia descende e concéntrase na raíz. Xa sabes, se se achega o día de lúa chea, deixa a horta en repouso.

Hai diferencia entre plantar sementes e trasplantar?

Si, hai diferencias entre sementar e trasplantar. Primeiro aclaremos os termos: sementamos cando utilizamos sementes ou bulbos e trasplantamos cando a planta xa está xerminada, xa naceu, e só lle falta medrar. Coas sementes podemos diminuír o custo da nosa horta, ademais das vantaxes que supón ver o proceso completo das nosas hortalizas e plantas. Pero hai un contra importante: a dificultade de xerminar as sementes. Moitas sementes son difíciles de xerminar, e podes quedar sen a túa colleita. Ademais, se che urxe a colleita, este método é máis lento e tardío, pois o proceso de cultivo é máis longo. Porén, cos trasplantes de verduras e hortalizas podemos diminuír o proceso de cultivo, xa que a planta xa está xerminada. Precisamente, é grazas a isto que terás máis posibilidades de que a túa planta medre e obteñas unha boa colleita, porque será máis doado de cultivar. O consello de Agrogargallo é que, se eres horticultor ou horticultora principiante, comeces con trasplantes e deixes as sementes para unha pequena parte da horta. Así, irás practicando con elas e collendo experiencia e asegurarás colleita igualmente.

Compartir

Máis noticias que che poden interesar.

Achegámosche as últimas novidades do mundo da agricultura, gandería e xardinería. Queremos investir no rural na era dixital.

There are no posts on the list.
Ir o contido