O pasado 25 de xaneiro celebrouse en Friol a III edición da Subasta de Gando Frisón, organizada por AFRICOR Lugo co apoio do Concello de Friol. Este evento, que xa é un clásico para os gandeiros da zona, reuniu a produtores, compradores e amantes da gandería nun día cheo de oportunidades e entusiasmo polo futuro do sector.
E claro, nós non podiamos faltar. Parte do noso equipo asistiu á subasta, compartindo experiencias con outros gandeiros e acompañados de algúns dos nosos proveedores, como AllFeed, expertos en nutrición animal e naturopatía. Foi unha xornada intensa, desas que deixan pegada, e hoxe queremos contarche todo o que vivimos.
Unha subasta de gando chea de vida e movemento
Gandeiros e gandeiras de toda a provincia (Portomarín, Sarria, O Páramo ou Palas de Rei, entre outros), déronse cita para puxar por algúns dos mellores exemplares de frisón que se podían atopar. En total presentáronse 16 animais, dos cales 11 eran vacas paridas e o resto, novillas.
A xornada deixou cifras impresionantes, cun volume total de ventas que acadou os 50.350€ sendo o prezo medio de venta os 3.147€ e conseguindo un récord no valor máis alto pagado por unha novilla ata o momento: os 5.000€. Estes números non só falan do interese polo frisón, senón tamén do compromiso do sector coa mellora xenética e a calidade.
Quen levou os mellores exemplares da subasta de gando?
Un dos momentos máis emocionantes foi a puxa polo exemplar máis cotizado do día, que acadou un prezo de 5.000€. Esta marabillosa novilla, Casagabino Pellegrino Almendra, da gandería Casa Gabino de Friol (Lugo), foi adquirido por Casa Varela de Vilasantar (A Coruña).
Estes datos non só reflexan o interese polo gando frisón, senón tamén o esforzo das ganderías galegas por mellorar os seus rebaños e, con elo a produción de leite de alta calidade, algo que beneficia a toda a cadea do sector.
Un evento que une ao sector
Máis alá das cifras, o que máis nos impresionou foi a camadería que se viviu na subasta.
Estes eventos non só son oportunidades de negocio, senón tamén espazos onde os gandeiros e gandeiras intercambian ideas, comparten coñecementos e, por que non, disfrutan dun momento en boa compañía.

subasta de gando en friol
Como equipo, tamén aproveitamos a ocasión para conectar con outros profesionais do sector, entender mellor as necesidades dos gandeiros e seguir aprendendo sobre as tendencias que están marcando o camiño da gandería moderna.
A nutrición e o benestar animal, sempre no centro
Un dos temas recurrintes nas nosas conversas foi a importnacia da nutrición animal. Por iso foi un orgullo asistir ao evento xunto aos nosos socios de GAV AllFeed, expertos en ofrecer solucións nutricionais innovadoras e respectuosas coa saúde animal.
Despois de máis de 2 anos traballando cos seus produtos, temos máis presente ca nunca que, para garantir a calidade na produción, a clave está en coidar aos animais dende dentro: unha alimentación equilibrada e natural, unida a un bo manexo, non só mellora o benestar do gando, senón tamén o seu rendemento e a calidade final do leite.
O noso compromiso co sector
Como comercial agrícola e gandeira, en Agrogargallo sempre estamos buscando o xeito de apoiar os nosos clientes e socios. Participar en eventos como a Subasta de Gando Frisón de Friol non só nos achega ao sector, senón que tamén nos permite aportar o noso gran de area para impulsar o seu crecemento.
Seguiremos asistindo, aprendendo e traballando man con man con todos os gandeiros e gandeiras e expertos do sector para que a gandería galega siga sendo un referente en calidade e sostibilidade.
Vémonos na próxima!