Agrogargallo.
Somos do rural, traballamos para o rural.

Especialistas adicados a produtos agrícolas e gandeiros e ferramentas de xardinería.

A túa tenda agrícola de confianza, agora online. Atención personalizada e produtos a un click.

Todo o que necesitas para o teu gando, a túa horta ou o teu xardín, a só un click de distancia. Seguimos sendo a túa tenda de confianza, polo que para calquera dúbida ou consulta póñase en contacto connosco por WhatsApp, teléfono ou correo electrónico.

Quen dixo que comprar online é difícil?

Produtos destacados

Temos todo o que necesitas. Se non, intentamos conseguircho.

Traballamos con multitude de proveedores especializados no sector agrogandeiro de toda España e Europa. Priorizamos calidade, pero reunimos opcións para todos os petos en diferentes produtos de horta, xardín, agricultura ou gandería.

Non encontras o que buscas? Contáctanos!

Somos unha empresa gandeira familiar que busca achegar a vida rural ao medio dixital para poñercho máis doado. Buscamos os mellores produtos para ti, por iso probamos os produtos para decidir se venderchos ou non: se non nos gusta o produto ou non confiamos nel para o seu uso na nosa casa, non o levaremos á túa.

Os nosos valores definen a forma na que traballamos.

Somos rural

O rural é a nosa forma de vida. Somos e queremos rural, porque medramos nel e saimos adiante grazas a el. Querémolo seguir facendo. Queremos investir no rural na era dixital.

Priorizamos a calidade

Sabemos que usar produtos de calidade o cambia todo, incluídos os teus ingresos gandeiros! Pásanos. Por iso queremos ofrecerche o mellor. Queremos coidar do teu gando, da túa horta... Queremos coidar de ti!

Proximidade e compromiso

Nas nosas tendas físicas ou na túa gandería esforzámonos para brindarche a mellor atención e o mellor asesoramento. Por que non o iamos facer na nosa tenda online? Somos do rural, gústanos o trato persoal.

Toda a información que precisas sobre horta, xardín e sector agrogandeiro tela no noso blog.